"El Tenis de Mesa, Los Comienzos"

Publicado en por lopezcerdeira

mari-y-cabanelas.JPGO Circulo Mercantil de Vigo acolleu o 13 de Novembro de 2010 a presentación do libro \"O Tenis de Mesa, Os Comezos\" obra de José Ramón Cabanelas Comesaña que con este libro pretende agradar ao lector cun material fotográfico histórico. Cabanelas está vinculado co tenis de mesa por tradición familiar, o seu pai xa era xogador federado nos anos 40, e ademais reside nunha cidade como Vigo que sempre tivo unha tradición histórica cara ao tenis de mesa. Un libro con abundante material gráfico que durante anos recompilou Cabanelas e na que cada fotografía ten unha historia detrás, moitas delas pola dificultade en obtelas. É tamén un traballo histórico rigoroso e preciso incluíndose material inédito tanto a nivel mundial, fotografías do ano 1902, como nacional, telegramas ou partitura de música do ano 1901. Aínda que o libro recolle toda a historia dos campionatos galegos, para o afeccionado ao tenis de mesa doutras comunidades vai ser de interese polo seu contido sobre a historia e a evolución deste deporte, tendo na súa biblioteca parte da historia do tenis de mesa de nacional.
Publicidad

Etiquetado en Tenis de mesa

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post